Esta semana as preguntas do concurso tratarán de que investiguedes sobre algúns exploradores que fixeron descubrimentos ou realizaron proezas na época na que viviron. O que hoxe parécenos extraordinario, como persoas que van ao espazo, robots que chegan a Marte... son fitos similares aos que protagonizaron estes navegantes na súa época, hazañas que serviron para coñecer e descubrir o planetaOnte celebrouse o Día da paz, esta semana temos unha serie de charlas para coñecer as consecuencias dos conflitos nas persoas que migran polo mar.
Estas eran as preguntas da semana pasada:
1. Cal destas afirmacións é a definición de refuxiado?
Segundo a ONU a definición de refuxiado corresponde con "persoas que se atopan fóra do seu país por temor á persecución, ao conflito, á violencia xeralizada, ou outras circunstancias que perturben a orde pública."
2. Pese a restrición das viaxes no ano 2021 o informe da ONU alerta do incremento de migrantes e refuxiados. Ata novembro, canta persoas víronse na obriga de desprazarse?
Ata o mes de novembro de 2021 máis de 84 millóns de persoas víronse na obriga de desprazarse por diversos motivos.
3. O mar Mediterráneo é unha das vías para chegar a Europa, tamén das máis perigosas. Como se chama o espazo que se atopa entre Gran Bretaña e Francia, outro dos puntos negros para os migrantes?
A viaxe desde Francia a Gran Bretaña polo canal da Mancha, preto do estreito de Calais, é un dos puntos máis perigosos. Estímase que só en 2021 máis de 30000 persoas arriscaron as súas vidas nesta viaxe.
4. Hai algunhas ONG que se adican ao salvamento marítimo, cal é un dos obxectivos de Open Arms?
Segundo a propia web da ONG un dos obxectivos é "Protexer no mar a aquelas persoas que intentan chegar a Europa fuxindo de conflitos bélicos, persecución ou pobreza."
5. Que vos gustaría preguntarlle a unha persoa refuxiada?
Algunhas das preguntas que nos propuxestes son:
Ningún comentario:
Publicar un comentario