luns, 31 de maio de 2021

Finaliza o concurso "Paseando con Emilia"

O concurso "Paseando con Emilia" chega ao final logo de 15 semanas con diversas preguntas relacionadas con Emilia Pardo Bazán, que nos axudaron a aprender moito sobre a escritora coruñesa, agardamos que tamén vos servise para aprender a atopar información na rede.

Estas son as respostas ás ultimas preguntas:

1. Cal destas non foi unha profesión de Emilia Pardo Bazán?

De todas as opción propostas Emilia non foi Directora de teatro.

2. A través da escritura que dereitos defendeu Emilia Paro Bazán?

Defendeu principalmente a igualdade entre homes e mulleres.

3. Cal destas cidades non visitou Emilia Pardo Bazán?
Non temos constancia de que Emilia visitase Bos Aires.

4. En que cidades viviu máis tempo Emilia Pardo Bazán?

As cidades da Coruña e Madrid foron nas que viviu durante máis tempo Emilia.

5. En que barrio da cidade da Coruña naceu viviu máis tempo Emilia Pardo Bazán?

O barrio no que estaba a súa casa de infancia e a actual Casa-Museo está na Cidade Vella.

Moitas grazas por particpar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario