luns, 3 de maio de 2021

Crónica da entrevista a Cristina Novoa

Vía @pousa_maria
Esta é a crónica que elaborou o alumnado de 5ºB de Educación Primaria sobre a visita de Cristina Novoa, membro até hai ben pouco do equipo de Asesoría de Bibliotecas Escolares, á biblioLab para a entrevista que lle fixeron coa axuda de Laboratorio de Radio:

O martes 6 de abril de 2021, a clase de 5º B entrevistamos a Cristina Novoa. A ela encántalle ler, pero, sobre todo, poemas!

Impulsou o proxecto da Mochila Viaxeira e levouno polos colexios de Galicia. Tamén lle gusta moito a fotografía aínda que decidiu ser mestra. Estivo en Primaria no Colexio de Palmeira, de onde garda moitos recordos felices.

Sobre a entrevista, pensamos que as preguntas que fixemos foron boas e as respostas de Cristina Novoa foron moi acertadas. Contestou con soltura, o que nos axudou a saber máis sobre ela. O máis importante pode ser que non se puxo nerviosa en ningún momento.

Caeunos moi ben e quereriamos saber máis dela, xa que era agradable, amable, e contaba cousas moi interesantes. Foi divertido poder entrevistala. Non estivo mal falar con ela. Escoitade o que nos contou!

Ningún comentario:

Publicar un comentario