luns, 3 de maio de 2021

Concurso semana 13

Proximamente cumpriranse 100 anos da morte de Emilia Pardo Bazán. Queremos lembrar nas preguntas desta semana esta data e os motivos que provocaron o seu falecemento.

Aos recursos de Paseando con Emilia engadimos as seguintes ligazóns, nas que poderedes atopar información relativa ás preguntas que aparecen no formulario desta semana:

Centros para o control e prevención de enfermidades

Federación Española de Diabetes

Recordamos as preguntas que realizamos a pasada semana, así como as respostas correctas a cada unha delas.

1. Emilia tivo tres fillos, un deles foi Jaime, como se chamaban as dúas fillas?

As dúas fillas chamáronse Carmen e Blanca.

2. Blanca donou este edificio en 1939...

Donou o Castelo de Santa Cruz.

3. Blanca tamén acordou a cesión do edificio da rúa Tabernas en 1956, en que ano se trasladou alí a sede da RAG?

A RAG estableceuse no edificio da Rúa Tabernas no ano 1978.

4. Blanca Quiroga deu nome en 1973 a unha embarcación, de que tipo era?

Era unha lancha de Salvamento Marítimo.

5. A quen pertencía este barco e onde rematou?

Esta embarcación pertencía á Cruz Bermella e agora podedes visitala no Parque de Bens.

Estas son as preguntas desta semana:

Ningún comentario:

Publicar un comentario