luns, 5 de novembro de 2018

Obradoiro de encadernación

O pasado mércores 31 os nenos/as de 6º de Educación Primaria compartiron cos membros de AFEXDI que acudiron ao centro unha xornada na que os libros foron os protagonistas. Deste xeito preinauguramos a biblioteca neste curso.

Aprenderon as partes que ten un libro e como elaborar o seu propio exemplar coa axuda dos monitores/as, que os acompañaron na súa aprendizaxe.
Nestas imaxes tedes algúns dos momentos da xornada.



Grazas por vir, ata a próxima!

Ningún comentario:

Publicar un comentario