Hoxe visitaron a Biblioteca e a BiblioLab nais e pais de alumnos/as do centro para compartir distintas actividades cos nenos/as de distintos cursos.
Ana contou na biblioteca o conto "El Universo", desde unha perspectiva científica, aos nenos/as de 4º de E.I. Ademais compartiron un mural sobre o Sistema solar, bailaron ao ritmo da música dos planetas e observaron as estrelas no teito da biblioteca.
Por outra parte, na BiblioLab, Patricia e Roberto presentaron a aos nenos/as de 4º de E.P. a importancia dos robots na vida cotiá, cara onde avanza a robótica, ademais de presentar numerosos exemplos de robots en acción.
Agradecemos a ambas familias por colaborar no desenvolvemento deste mes da ciencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario