Durante este mes celébrase o mes da ciencia en galego. Este programa promovido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia e pola Consellería de Cultura consiste en fomentar a vocación científica a través da lectura entre os nenos/as.
Neste curso o manifesto asínao Luís Navarro, profesor titular da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.
Desde a Biblioteca EPB comezamos presentando, nunha exposición nos expositores da planta baixa, os libros que tratan sobre aspectos científicos. Nela poderedes atopar obras para facer experimentos, aprender sobre as naves espaciais, os imáns, a electricidade, entre outros.
Os venres de novembro nos recreos realizaremos os VenrEXPERIMENTOS. A BiblioLab acollerá aos nenos/as que participarán en tres obradoiros nos que se desenvolverán experimentos como serán a montaxe dos escornabot, traballo coa electricidade e a elaboración de Slime.
As prazas para cada un dos obradoiros será de 25 como máximo, se houbese máis demanda para algún dos experimentos terán prioridade os alumnos/as que estean apuntados a un so taller.
As familias tamén participarán na celebración deste mes. O mércores 28 os pais de alumnos/as do centro farán un relatorio para os alumnos/as de 4º de E.P. sobre a presenza dos robots na vida cotiá e as súas funcións.
Outras actividades irémolas desvelándoas ao longo de mes.
Viva a ciencia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario