luns, 15 de setembro de 2025

Apertura de inscrición aos Clubs de Lectura e Diálogos Creativos


Este curso seguimos desenvolvendo actividades relacionadas coa lectura, o pensamento computacional e o pensamento creativo en horario extraescolar polas tardes.

Presentámosvos os diferentes Clubs de Lectura e Diálogos aos que poderedes inscribirvos o alumnado de 4ºEP, 5ºEP e 6ºEP. A continuación tedes toda a información de cada unha destas actividades organizadas dependendo o curso no que esteades este ano.

Esta preinscrición deberá confirmarse coa entrega do formulario de inscrición que vos  entregará a mestra mediadora dos respectivos clubs. 

Esta entrada actualizarase periodicamente para informar dos clubs que esgotaron xa as súas prazas.

4ºEP

CLUB DE LECTURA VIAXEIROS POR PAPEL

 PRAZO ABERTO ATA O LUNS 22 DE SETEMBRO




4ºEP Y 5º EP

DIÁLOGOS CREATIVOS

PRAZO ABERTO ATA O LUNS 20 DE OUTUBRO

ABRIMOS INSCRICIÓN PARA 5ºEP


5ºEP

CLUB DE LECTURA - PAPALIBROS

PRAZAS ESGOTADAS


5ºEP

CLUB DE LECTURA DE FICCIÓN DIXITAL - ENRE2 EPB

PRAZAS ESGOTADAS 


5ºEP

CLUB DE LECTURA EN INGLÉS - BOOKLAND

PRAZAS ESGOTADAS


6ºEP

CLUB DE LECTURA - BOLBORETAS LECTORAS

PRAZO ABERTO ATA O LUNS 22 DE SETEMBRO



6ºEP

CLUB DE LECTURA EN INGLÉS - BOOKWORMS 

PRAZAS ESGOTADAS


Podedes preinscribirvos na actividade que desexedes premendo no título de  cada club. Cada actividade ten unhas prazas máximas establecidas nos respectivos formularios. A inscrición será formalizada cando desde o centro se entregue aos nenos/as o formulario que terá que devolverse asinado pola familia do alumno/a.

Agardámosvos a todas/os nas tardes da biblio!

Ningún comentario:

Publicar un comentario