Este curso seguimos desenvolvendo actividades relacionadas coa lectura, o pensamento computacional e o pensamento creativo en horario extraescolar polas tardes.
Presentámosvos os diferentes Clubs de Lectura e Diálogos aos que poderedes inscribirvos o alumnado de 4ºEP, 5ºEP e 6ºEP. A continuación tedes toda a información de cada unha destas actividades organizadas dependendo o curso no que esteades este ano.
Esta preinscrición deberá confirmarse coa entrega do formulario de inscrición que vos entregará a mestra mediadora dos respectivos clubs.
Esta entrada actualizarase periodicamente para informar dos clubs que esgotaron xa as súas prazas.
4ºEP
CLUB DE LECTURA VIAXEIROS POR PAPEL
PRAZO ABERTO ATA O LUNS 22 DE SETEMBRO
4ºEP Y 5º EP
PRAZO ABERTO ATA O LUNS 20 DE OUTUBRO
ABRIMOS INSCRICIÓN PARA 5ºEP
5ºEP
PRAZAS ESGOTADAS
5ºEP
CLUB DE LECTURA DE FICCIÓN DIXITAL - ENRE2 EPB
PRAZAS ESGOTADAS
5ºEP
CLUB DE LECTURA EN INGLÉS - BOOKLAND
PRAZAS ESGOTADAS
6ºEP
CLUB DE LECTURA - BOLBORETAS LECTORAS
PRAZO ABERTO ATA O LUNS 22 DE SETEMBRO
6ºEP
CLUB DE LECTURA EN INGLÉS - BOOKWORMS
PRAZAS ESGOTADAS
Podedes preinscribirvos na actividade que desexedes premendo no título de cada club. Cada actividade ten unhas prazas máximas establecidas nos respectivos formularios. A inscrición será formalizada cando desde o centro se entregue aos nenos/as o formulario que terá que devolverse asinado pola familia do alumno/a.
Agardámosvos a todas/os nas tardes da biblio!
Ningún comentario:
Publicar un comentario