Durante toda a semana na biblioteca o alumnado voluntario fixo unha sesión de contacontos para todos aqueles que quixeron achegarse, ademais repetiron a actividade con algunha aula de Educación Infantil.
Na biblioteca durante toda a semana puideron escribir "Que é para vós un libro?" nunha das pólas ou o tronco da árbore que logo colocamos na cristaleira da biblioteca, esta actividade está baseada na obra de Bruno Munari "Dibujar un árbol".
O luns 22 na biblioLab accedimos a unha serie de obras de ficción en formato dixital para diferentes idades, así lemos as obras e "A mentira que máis doe do mundo", "Chocolata" e "Boum!".
O martes e o mércores o alumnado decorou o seu marcapáxinas con diferentes motivos vexetais. Con pintura foron dándolle forma ao seu obxecto para utilizar cos seus libros favoritos. Aproveitamos para aprender máis sobre as cores o como crealas.
O xoves 25 escolleron libros de poesía na biblioteca e escribiron algunha estrofa ou versos desas obras na cristaleira da biblioLab, ademais pensaron nun debuxo que estivese relacionado co poema e que o acompañaría.
Ademais, este día realizamos a última edición deste curso da "A amizade nun libro", no que o alumnado de maior idade leulle un libro aos máis pequenos.
O venres gravamos o audiolibro de "Algo y nada" no estudio de radio.
Grazas a todas/os por festexar a Semana do libro con nós!
Ningún comentario:
Publicar un comentario