martes, 7 de novembro de 2023

Novembro mes da ciencia en galego

E xa estamos en novembro! Como cada curso comezamos a celebrar o mes da ciencia en galego. A Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén impulsando esta celebración nas propias bibliotecas desde hai xa uns anos con diversas actividades. Este curso o manifesto co que dar visibilidade a esta conmemoración está escrito por Elena Vázquez Cendón, doutora en matemáticas e decana da Facultade de Matemáticas da USC, investigador principal e divulgador na USC. Desde a biblioteca retomamos os VenreXperimentos. En novembro cada venres deste mes o alumnado de 1ºEP acudirá á biblioLab para aprender e investigar sobre a refracción da luz. Nos meses seguintes, ata maio, pasarán os demais cursos para aprender a través de experiencias científicas.

Xa están expostos na entrada da biblioteca obras relacionadas coa ciencia, na biblioLab tedes moitas máis. Na colección atoparedes desde libros nos que aprender a facer experimentos, biografías de científicas, libros nos que aprender sobre mediciña, programación, física, química...
Tamén tedes as nosas recomendacións na web do catálogo en Koha, na que hai unha selección de obras relacionadas coa ciencia:




NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

Ningún comentario:

Publicar un comentario