Seguimos comezando coa sección en inglés "The book nook" na que os nenos/as de 6ºEP explicarán cal é o mellor momento para leren un libro. Seguiremos aprendendo co alumnado de 3ºEP sobre personaxes mariños de lenda, como parte do traballo sobre o patrimonio material e inmaterial de Galicia, Galeguízate! Sabedes que no colexio suceden historias sorprendentes todas as semanas, por este motivo inauguramos unha nova sección "Historias do cole", no que teredes a oportunidade de coñecer algúns dos episodios que máis nos chamaron a atención. A mestra Mar, xunto coa súa clase de 4º de EI, convídanos a visitar "El jardín de Juanita", nesta ocasión coa colaboración do mestra Mari Carmen Díaz Navarro. Este mes celebramos o mes da poesía, no que cada mes foi soando un poema pola megafonía do centro, que tedes todos recollidos neste espazo, e queriamos incluír algún deles no programa, así poderedes desfrutar escoitando ao alumnado de EI e EP recitando poemas de Rosalía de Castro. O "Conto que vai e vén" segue avanzando ,nesta edición escoitaredes a segunda e terceira parte do conto escrito en colaboración co alumnado do IES Salvador de Madariaga. Achegarémonos ao Entroido de Verín coa entrevista que os nenos/as realizaron a Jacinto e Paulo, membros da comunidade educativa do colexio, nesta ligazón podedes acceder a máis información. Remataremos con "Temos unha mensaxe de..." As presentacións, seguindo a escaleta do programa, realizouna o alumnado de 5º de EP.
Como en anteriores ocasións durante o mes de abril iranse publicando os audios das distintas seccións nos espazos de cada programa. Que pasedes unhas boas vacacións acompañadas/os da radio!
Ningún comentario:
Publicar un comentario