Celebramos o Día da 
muller, para unirnos a esta visibilización do papel da muller na 
sociedade teremos con nós esta semana a tres mulleres profesionais. Na exposición da entrada da biblioteca xa tedes a exposición
 con libros de ficción e non ficción na que as mulleres e as nenas son as 
protagonistas. Recordade que o ODS
 número 5 reclama a "Igualdade de xénero", unha igualdade real en todos 
os ámbitos da sociedade e na que haxa unha igualdade de oportunidades. Nesta entrada poderedes seguir os dous encontros que teremos esta semana, o mércores 8 coa redeira e o venres 10 coas libreiras de Moito conto.

 
Ningún comentario:
Publicar un comentario