venres, 10 de decembro de 2021

Obradoiros Mergúllate!

En novembro comezamos co desenvolvemento dos obradoiros Mergúllate realizados polas mestras/es do equipo de biblioteca, na propia biblioteca e na biblioLab, nos que tratamos de desenvolver dinámicas que favorezan a procura de información, a expresión oral e escrita, a creatividade e a competencia dixital. Ofrécense seis actividades diferentes que poidan adaptarse aos intereses de cada unha das aulas. En cada obradoiro facilitamos unha serie de estándares para poder avaliar o realizado nestas sesións por parte do alumnado, aínda que os propios titores/as poden utilizar os que consideren para poder tirar proveito da actividade.

Esta é a descrición dos obradoiros:

Xa se realizaron actividades de "Legocéano" e de "Historias do mar", pronto poderedes escoitar algúns do produtos finais, aquí tedes algunha imaxe, adiviñades que animais son?


Outra das actividades que se están a desenvolver consiste en completar un dicionario con palabras relacionadas co mar e os océanos, que chamamos "Un mar de palabras". O alumnado de EI está a traballar a lectoescritura aprendendo e investigando sobre palabras que nomean obxectos, fauna, flora, transportes... que podemos atopar nos océanos.
Aquí tedes algún exemplo do traballo que están a iniciar.

 

A través destes obradoiros estamos a traballar o ODS4: Educación de calidade - ODS5: Igualdade de xénero - ODS14: Vida submarina.

Ningún comentario:

Publicar un comentario