luns, 14 de xuño de 2021

Radio Na Biblio

Durante este curso estivemos aprendendo con Laboratorio de Radio a facer radio, grazas a inclusión do centro no programa Radio na Biblio, así como pola colaboración co centro de Axuda en Acción. Foron uns meses nos que o alumnado preparou entrevistas, historias e monográficos. Despois de preparalas tocou gravalas, algunhas delas fixéronse no estudio de radio, pero outras tiveron como escenario a BiblioLab. Os nenos/as desenvolveron os papeis de guionistas, locutores/as e de técnicos de son que se aseguraban de que o son era o correcto e que a gravación tiña a calidade axeitada.

Nesta entrada publicamos as últimas entrevistas que faltaban por difundir, pero podedes acceder a todas na sección correspondente da nosa canle Emilia na onda en iVoox.

Jaime Crespo -  Axudante de voo

Aurora Canda - Directora do centro

Marta Lago - Pilota de rally

Malva - Usuaria de Tik Tok

Álex - Exalumno e alumno en prácticas

Rosa Cedrón - Nai de alumna e música

Agardamos que vos gusten!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario