martes, 22 de xuño de 2021

O que aprendemos!

As aulas de 6º de Educación Infantil, 1º, 2º, 5º e 6º de Educación Primaria prepararon uns vídeos nos que presentan o que aprenderon sobre Emilia Pardo Bazán ao longo do curso.

Son unha mostra dalgúns dos produtos que traballaron desde as aulas ademais da participación nas propostas que se promoveron desde a biblioteca. Nos próximos días colocaremos uns códigos na entrada do colexio para que poidades acceder aos recursos, xa que debido ao protocolo establecido no centro a causa da pandemia non foi posible que o propio alumnado explicase no propio colexio o que fixeron.

Vídeo elaborado polo grupo de 6ºA de Educación Infantil

Vídeo elaborado polo grupo de 1ºA de Educación Primaria

Vídeo elaborado polos grupos de 2º de Educación Primaria

Vídeo elaborado polo grupo de 5ºC de Educación Primaria

Vídeo elaborado polo grupo de 6ºA de Educación Primaria


Ningún comentario:

Publicar un comentario