luns, 12 de abril de 2021

Crónica da entrevista a Laura Tojeiro

Esta é a crónica que elaborou o alumnado de 5ºA de Educación Primaria sobre a visita de Laura Tojeiro á biblioLab para a entrevista que lle fixeron coa axuda de Laboratorio de Radio:

O martes 23 de Marzo de 2021, a clase de 5ºA recibimos na BiblioLab do cole, a Laura Tojeiro, doutora en Innovación Educativa. Estudou bioloxía e música, toca o piano e o acordeón. Mestura as súas facetas, algo que nos pareceu interesante, pois sae un resultado diferente e do que podes aprender moitas cousas sobre os animais e as súas reaccións á música.

A entrevistada tiña moi claros os seus obxectivos, explicounos os seus pensamentos e observamos que lle gusta moito o seu traballo, algo que destacamos, xa que, se ti queres estudar algo, tenche que gustar.
Fixemos, en pequenos grupos, varias preguntas das que resaltamos: “Se tiveras que marchar a outro país para investigar sobre animais, cal escollerías?”, onde Laura, sen dubidar, marcharía ás lllas Galápagos, pois hai animais extravagantes (e a ela encántanlle os animais mariños) e mesmo porque alí foi o biólogo Charles Darwin.


Ao remate, amosounos varios instrumentos elaborados con materiais reciclados; gustáronnos moito e aprendimos como realizalos.
Para rematar, desexamos ter no cole clases de bioloxía e que Laura fose a nosa profesora. Grazas por vir Laura, e até a próxima!

Ningún comentario:

Publicar un comentario