domingo, 25 de abril de 2021

Crónica da entrevista a Aida Tarrío (Tanxugueiras)

Vía www.poborinafolk.es
Esta é a crónica que elaborou o alumnado de 5ºC de Educación Primaria sobre a visita de Aida Tarrío, membro do grupo Tanxugueiras, á biblioLab para a entrevista que lle fixeron coa axuda de Laboratorio de Radio:

O día 13 de Abril entrevistamos a Aida Tarrío, compoñente do grupo Tanxugueiras. Cando chegou ao BiblioLab, todas e todos lle aplaudimos. Estabamos un pouco nerviosos/as, pero aprendimos a controlalo. 
Dúas compañeiras explicáronlle todas as medidas: poñer unha funda ao micrófono, botar xel, non pisar os cables, achegarse a tres dedos do micro...
Durante a entrevista foi respondendo moi ben ás preguntas e estaba moi entusiasmada. Foi moi amable e simpática. Chamou a atención que respondese tan ben ás preguntas. Explicaba para que o entenderamos. Chamounos a atención a roupa que levaba. Era moi moderna.
Ao remate da entrevista Aida cantounos unha canción. A súa voz proxectabase de marabilla. Foi moi chulo! Logo, os compañeiros/as e nós preguntámoslle algunhas dúbidas.
Entre un aplauso final Aida marchou e logo  as/os compis dixeron os puntos fortes e débiles da entrevista.

1 comentario:

  1. A entrevista é moi interesante xa que é a súa carreira musical ,os meus compañeiros fixérono xenial a verdade é que encantoume ser público e oir cantar a Aida

    ResponderEliminar