sábado, 27 de marzo de 2021

Unha semana con pingas de poesía

Rematamos a semana na que recibimos unhas pingas de poesía de diversos xeitos e con distintas iniciativas que se foron desenvolvendo.

Comezamos coa exposición de obras de poesía que montamos na entrada da biblioteca e coa queriamos visibilizar estas obras e favorecer a súa lectura.

Continuamos coa visita de Dores Tembrás, que viaxou cos nenos/as de 6º de E.P. por graffitis de diversos lugares. A través destes obradoiros de Poesía+Graffiti traballaron coas palabras, pero tamén coas emocións.

A principio da semana comezamos a colocar as pingas de poesía tanto nos edificios do centro como na rúa, para que estas obras chegasen a toda a comunidade educativa. Lembrade que para ver o contido tedes que seguir as instrucións do vídeo que xa publicamos na anterior entrada. A continuación presentámosvos os vídeos das nenas/os que participaron. Hai poemas en castelán, galego, portugués e xaponés, agardamos que vos gusten.


As nenas de 1º recitáronnos uns poemas ben bonitos, queredes escoitalos?

 

Gozade con estas pingas de poesía!

Ningún comentario:

Publicar un comentario