luns, 22 de marzo de 2021

Concurso semana 8

Photo by Thought Catalog on Unsplash
Como sabedes estamos celebrando a semana da poesía, por este motivo cremos que as preguntas do concurso debían estar relacionadas. Aproximarémonos á única obra de poesía que escribiu Emilia Pardo Bazán, prestade atención ás preguntas!

As respostas ás cuestións que tiñades que investigar a semana pasada eran:

1.Preto da Fábrica de Tabacos hai unha rúa adicada ás cigarreiras. Que rúa con nome de escritora nacida en Ferrol está tamén preto do edificio da Fábrica de Tabacos?

A escritora ferrolana Concepción Arenal dá nome a unha rúa próxima á Fábrica de Tabacos.

2. No barrio de Los Rosales hai unha rúa co nome de Carmen Rodríguez-Losada Trulock, que fixo?

Participou na creación de varias entidades de interese social.

3. Outro dos espazos do barrio de Los Rosales con nome de muller é a praza Alcaldesa Berta Tapia, que foi a primeira alcaldesa da cidade, en que anos?

Foi alcaldesa durante uns meses entre 1978 e 1979.

4. Emilia tamén ten o seu nome nunha rúa na cidade, en que ano se aprobou darlle o nome da escritora a esta rúa?

Un pleno no 13 de novembro de 1907 acorda darlle o nome de Emilia Pardo Bazán a unha rúa na cidade.

5. Despois de que Emilia tivese a súa rúa inaugurouse a estatua que aínda permanece nos Xardíns de Méndez Núñez, en que ano se inaugurou?

O 15 de maio de 1916 descóbrese a estatua da escritora nos Xardíns de Méndez Núñez.

Estas son as preguntas desta semana:

Ningún comentario:

Publicar un comentario