Chegou un día moi esperado por todos nós, o inicio da segunda temporada de Onda Ti, que se emite en Emilia na Onda. Vén con moitas novidades, que fan do programa algo que desexabamos desde que comezou a súa andaina en momentos complicados. Un espazo creado polos nenos/as do colexio no que as súas propostas e as súas voces son as protagonistas.
Pensamos que este programa debe ser eixe dinamizador, motivador, inclusivo... un reto que temos que acadar entre todos, cantos máis mellor. Presentámosvos o primeiro episodio, pero haberá máis e como ben sabedes Onda Ti é dinámico, adáptase ás circunstacias e intereses de todos vós, así que, se tedes unha idea, unha proposta, algo que queirades compartir con todos/as, animádevos e utilizade a nosa canle para difundilo!
Agradecemos a implicación de todo o alumnado, da alcadesa Inés Rey, da nosa convidada secreta e das bibliotecarias da B.M. de Los Rosales.
Acomodádevos no voso lugar favorito, acendede o voso dispositivo, conectade coa canle de Emilia da Onda e gozade de 39 minutos de radio!
Ningún comentario:
Publicar un comentario