mércores, 19 de febreiro de 2020

Vós contades!

O martes un grupo de nenas de 5ºA dramatizaron unha obra dirixida pola súa titora Conchy, baseada no libro La preocupación de Lucía de Tom Percival, e que tamén contou cunha parte musical.
Esta actividade forma parte de Vós contades! na que alumnos/as e familias poden utilizar a biblioteca para expresarse e para comunicar a nenos/as doutras clases. Nesta ocasión asisitiu o alumnado de 1º de E.P.
No seguinte vídeo tedes a actividade completa.



Agardamos que vos gustara!

Ningún comentario:

Publicar un comentario