mércores, 5 de febreiro de 2020

Diálogos filosóficos


O pasado venres comezaron na BiblioLab unha serie de tres sesións de Diálogos filosóficos na biblioteca e que se desenvolven paralelamente ao grupo permanente de Diálogos Hilomundos. Esta actividade está dirixida a alumnado de 2º e 3º de E.P. As próximas terán lugar o 13 e o 28 de febreiro.
Neste venres dialogamos na BiblioLab sobre as ideas a través do libro ¿Qué haces con una idea? de K. Yamada da editorial Birabiro, de onde xurden, para que serven, quen as pode ter, tamén falamos sobre as ideas que poden cambiar o mundo.
Finalmente, pensaron en ideas que poderían cambiar o mundo, as plasmaron nun debuxo e as explicaron aos demais compañeiros/as.
Durante a sesión desenvolvéronse as habilidades de percepción, conceptualización e análise, razoamento, tradución e interpretación.
 
Nesta semana reunirase o grupo de Diálogos Hilomundos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario