Xa está próximo a rematar un dos libros interactivos cos contos do cole nos que se combina a narración oral e escrita, a ilustración e a linguaxe con pictogramas. Durante estes meses os alumnos de 3ºC de E.P. estiveron elaborando uns contos con e para a súa compañeira Nerea, pero que poderán gozar deles todo o alumnado do centro.
Na biblioteca os distintos grupos decidiron o tema, as personaxes, as diferentes partes da historia, para a continuación distribuír as funcións que desenvolvería cada un deles/as. Cando xa estivo redactado, realizando borradores previos, elaboraron as ilustracións de cada unha das páxinas. Finalmente, gravaron coas súas voces a historia e traduciron á linguaxe de pictogramas cada un dos contos a través da aplicación Pictotraductor.
O grupo de 6ºB está tamén elaborando unha serie de narracións para Javi, que pronto vos presentaremos.
Tamén queremos destacar a gran acollida do panel dos contos, no que tamén se poden gravar narracións curtas a partires de imaxes ou ordenar as imaxes a partires dunha narración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario