Na sesión de diálogos filosóficos do venres 10 de maio estivemos falando sobre o medo e aquilo que o causa. Para finalizar debuxaron unha escena na que non había medos, nas obras que crearon sobre todo había ledicia.
Nesta tarde desenvolvemos as habilidades de percepción (observar), de investigación (adiviñar, formular hipóteses e anticipar consecuencias), conceptualización e análise (comparar e contrastar e definir), razoamento (procurar e dar razóns e inferir), tradución e formulación (interpretar).
Ningún comentario:
Publicar un comentario