luns, 28 de xaneiro de 2019

Unha maleta chea de sorpresas

O pasado luns Sara e Álex visitaron a a biblioteca para compartir cos nenos/as de 1º de E.P. uns contos que acompañaron coa música de varios instrumentos e coa voz de Sara.
A través dos libros que saíron da maleta compartimos as dúbidas da "Ratiña presumida" (adapatación de J.A. López e con fotografía de Pablo Mestre), acompañamos a "Elmer" (D. McKee) na súa viaxe e, para rematar, cantamos unhas rimas que daban un pouco de medo con "Un, dous, tres, vampiro ti es".

Agradecemos á editorial Kalandraka a promoción da lectura a través desta actividade, así como a Álex e a Sara por compartir con nós a súa arte. Deixamos algún dos momentos desta actividade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario