luns, 28 de xaneiro de 2019

Recital de poesía

O próximo xoves 31 de xaneiro acudirá á biblioteca María, nai de Daniel de 5º de E.P., que fará un recital de poesía relacionada coa natureza para os nenos/as de 5º de Primaria.
Nesta xornada compartirá obras como "Verdedades" de Yolanda Castaño, inspirado nas plantas e os froitos, ademais de "La poesía de los árboles", unha antoloxía de poemas sobre as árbores e o bosque.
Dentro da temática de poéticas diversas, que mellor forma que relacionar este xénero literario coa natureza.
Agradecemos a colaboración de todas as familias e agardamos que moitos de vós poidades compartir lecturas e experiencias cos nenos/as.

Ningún comentario:

Publicar un comentario