O próximo 22 de maio realizaremos unha xornada de Biblioteca e Familia titulada "Comerte a versos" dirixida por Dores Tembrás e que se centrará na relación entre poesía e cociña. Partindo do vínculo que cada un de nós mantén con determinadas receitas e aquilo que o sentido do gusto pode desatar na memoria. Dende aí faise a proposta de escrita. O enunciado é sinxelo pero desafiante: escribir o que significa unha determinada elaboración ou receita na nosa vida.
A sesión estará apoaida en poemas de autores de prestixio como Wislawa Zzymborska, Gabriela Mistral, Miguel Hernández ou Mark Strand que exploraron con éxito esta relación para achegarnos ao noso propio vínculo.
O obxectivo é que entre a familia e o alumno/a compoñan un breve texto, no que palpite o seu vínculo a través da cociña. O exercicio rematará escribindo este poema nunha cartolina a modo de receita que os nenos e nenas poderán ilustrar con recortes e debuxos.
A actividade está dirixida a alumnado de 1º a 6ºEP
O número máximo de nenos/as participantes será de 15. Un adulto da familia acompañará aos nenos/as, poden vir varios alumnos/as co mesmo adulto. A actividade realizarase o Xoves 22 de maio en horario de 16:30 - 18:00h.
No desenvolvemento da sesión necesitaremos este material: cartolinas brancas tamaño A5, pegamento, tesouras, cores... folletos do supermercado do que recortar tamén alimentos para decorar a receita final!
Aínda
que desde o centro podemos poñer a disposición parte deste material,
sería convinte que polo menos cada neno/a trouxese as súas tesouras,
cores e folletos.
No mesmo formulario poderanse inscribir
todos nenos/as da unidade familiar, non se admitirán dobres inscricións
se non fosen irmáns/ás.
No seguinte formulario podedes inscribirvos:
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Ningún comentario:
Publicar un comentario