martes, 19 de novembro de 2024

Conexión Familiar

Volvemos a poñer en marcha a proposta de préstamos de lotes de libros dirixidos ás familias dentro do programa "Lectura e Familias", definida como "Conexión familiar: atopa respostas ás túas preguntas". Esta actividade comezou o curso pasadoe agradecemos a acollida dela xa que as mchilas estiveron en movemento desde o comezo da iniciativa, por este motivo neste curso decidimos ampliar a oferta de lotes.

Nesta acción poñeremos a disposición de todas as familias do noso centro 10 mochilas temáticas con fondos que acheguen información sobre diferentes aspectos, que esperamos que poidan servos de utilidade.

As mochilas que están a disposición da comunidade educativa para o empréstito serán as que aborden os temas de Trastorno de Espectro Autista, Trastorno de déficit de atención e hiperactividade, Altas capacidades intelectuais, Conduta e disciplina positiva, Conduta positiva e Educación emocional, Dislexia, Creatividade 1, Creatividade 2, Educación e igualdade e Ao teu xeito (esta última mochila configúraa a propia familia cun máximo de tres libros para adultos e/ou de non ficción a escoller entre a nosa colección). A selección dos recursos foi realizada polo Departamento de orientación en colaboración co equipo de biblioteca.


A mochila poderá permanecer en préstamo un máximo de 30 días sen posibilidade de renovación, co obxectivo de favorecer a rotación e que o acceso a estes fondos sexa o máximo posible. As mochilas poderán reservarse, quedando en lista de espera as persoas que o vaian solicitando.

FORMULARIO DE SOLICITUDE

A recollida das mochilas realizarase na biblioteca do centro en diferentes momentos da xornada escolar e que deberán explicitarse no formulario de solicitude. A devolución realizarase do mesmo xeito que se fixo o préstamo. Cada familia só poderá ter emprestada unha das mochilas ofertadas.

Moitas grazas!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario