martes, 12 de marzo de 2024

Primavera poética

Comezamos a celebración do Día da poesía con varias accións nas que trataremos dar visibilidade e fomentar a lectura e escritura deste xénero literario.

Xa tedes na entrada da biblioteca expostos diversos fondos para todos os lectores/as que nos achegan á poesía. Lembrade que en todas as caixas de Tédelos que coñecer! hai poemarios adaptados ás vosas idades.

Nestas semanas nos gustaría que nos achegásemos á poesía desde diversos puntos:

  • Crear os vosos poemas e compartilos con nós a través das vosas titoras ou enviándoos ao correo electrónico da biblioteca bibliotecaepb@gmail.com
 
  • Gravar no estudio de radio ou na vosa casa a lectura dun poema creado por vós ou por outro autor/a. O recitado destes poemas soarán no final da hora de ler. Ademais, como vistes con motivo do Día da muller nas cristaleiras da biblioteca e biblioLab hai poemas adicados á muller de Alejandra Pizarnik e de Antía Otero, os vosos poemas poden formar parte da galería da poesía se os ilustrades de xeito orixinal (fixádevos nos expostos se queredes coller ideas).
 
  • O 18 de marzo realizaremos a segunda xornada da "Amizade nun libro" na que compartiremos a poesía.
 
  • O 21 de marzo, Día da poesía, queremos que todos os que o desexen nos lean desde o estudio de radio poemas ao longo da hora de ler.
 
  • O 22 de marzo virá Dores Tembrás para realizar o obradoiro de Poesía e Grafitti co alumnado de 6º de Educación Primaria.
Tamén estaremos encantados de difundir a participación que nos chegue desde as familias e o profesorado que estean interesados en enviarnos os seus poemas.
Animádevos e comezade a xogar coa poesía!

Ningún comentario:

Publicar un comentario