Respostas correctas da semana anterior:
1. Casa grande, antiga e nobre, especialmente situada no medio rural. Rosalía de Castro viviu no de Arretén e Emilia Pardo Bazán escribiu unha obra ambientada nos de Ulloa. Moitos son considerados patrimonio material de Galicia.
2. Extensión de monte, illado e de difícil acceso, poboado de diferentes especies de árbores de folla caduca, herbas, mofos e liques e con diversidade de fauna. As do Eume forman parte do patrimonio natural de Galicia.
3. Insecto que ten dous pares de ás de variadas e vistosas cores.
4. Estas palabras refírense a parte da fauna de Galicia, unha delas non está ben situada, podes identificala?
5. Dos anteriores animais que podemos atopar na natureza en Galicia poderías escribir cal non é un animal mamífero?
O formulario para participar permanecerá aberto durante toda a semana (luns a venres), as respostas enviaranse a través del antes de que o venres ás 14h. se peche. O venres á tarde publicaranse os resultados, a titora recollerá o material o luns e o levará a súa clase. O venres devolveranse os lotes na biblioLab para unha nova distribución.
Ningún comentario:
Publicar un comentario