Presentamos a guía de lectura do mes de decembro, na que propoñemos libros que consideramos interesantes pola súa calidade, continuando co desenvolvemento do PDI Galeguízate! incluímos lagunha obra que pode axudar a coñecer máis o patrimonio material e inmaterial de Galicia, lembrade que tedes a selección de obras do proxecto na páxina web que acolle o noso catálogo. Atoparedes obras para todos os niveis de lectura, de ficción e de non ficción. Lembrade que están clasificados igual que na biblioteca, os de fondo azul son para prelectores, vermello para primeiros lectores, verde para lectores autónomos e amarelo para lectores expertos. Incluímos tamén dous xogos de mesa para divertirnos e aprender co patrimonio.
Os libros están expostos na entrada da biblioteca e agardarán polos
lectores/as nas primeira semana de xaneiro á volta destas vacacións,
aínda que se non queredes esperar poderedes atopalos nas bibliotecas
municipais e noutras bibliotecas públicas, compralos nas librarías ou
mesmo incluilos como peticións nas cartas que escribades. As bibliotecarias da Biblioteca de Los Rosales tamén comparten as súas recomendacións na guía "Historias de agasallo 2022".
Ben sexa con estes ou con outras obras non esquezadesque moitas aventuras comezan nos libros!
Ningún comentario:
Publicar un comentario