Neste mes rematamos os VenreXperimentos deste curso no que nos centramos en experiencias que estiveran relacionadas co mar, así que este último non podería ser unha excepción. Utilizaremos auga salgada (do mar ou misturando auga da billa con sal), xunto con outros materiais, para producir enerxía igual que o fan as baterías que podedes comprar en calquera tenda. Na infografía que acompaña esta entrada tedes todos os materiais necesarios e os pasos a seguir para acadar acender un led.
Neste mes virá á biblioLab o alumnado de 5º de EP a realizar o experimento, igual que pasaron o resto de aulas de primaria desde o mes de novembro. Todo o material quedará dispoñible na biblioLab por se queredes facelo nalgún recreo ou coa vosa clase. Agardamos que vos animedes a facelo na biblioLab ou na vosa casa!
Se o probades non olvidedes deixarnos un comentario para decirnos que tal vos saiu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario