mércores, 3 de novembro de 2021

Novembro mes da ciencia en galego

Como todos os cursos en novembro celebramos o mes da ciencia en galego. Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando esta celebración nas propias bibliotecas. Editan un folleto co que dar visibilidade a esta conmemoración, neste folleto inclúese un manifesto elaborado por Amparo Alonso Betanzos, enxeñeira química e investiagdora en intelixencia artifical e que foi premio María Wonenburger 2020, no que se fai mención ó labor das bibliotecas en prol do coñecemento, os descubrimentos...

Mañá visitarannos Carlota e Ángeles para ensinarlle ao alumnado de 4º de EP o labor que se desenvolve no Oceaneográfico, ver algúns dos intrumentos que se utilizan e aprender sobre a figura de Ángeles Alvariño, dentro do programa La vida marina al microscopio.


M
añá tamén comezamos cos VenreXperimentos, neste mes aprenderá sobre a refracción o alumnado de 1º de EP durante algúns dos recreos de novembro. A partir deste mes iremos achegando diversas experiencias ao alumnado de primaria do centro ata o mes de maio.

A próxima semana tamén comezarán os Obradoiros Mergúllate, que durarán ata o segundo trimestre, e no que poderán achegarse á procura de información, a citar correctamente as fontes, a transformar a información, pero tamén á creatividade, á intelixencia artificial, á robótica, entre outras. Terán unha relación directa co tema do PDI Mergúllate!

A próxima semana colocaremos nos expositores da biblioteca algúns dos libros que temos na colección relacionados coa ciencia e con científicas/os.

Adiante coa ciencia!

Ningún comentario:

Publicar un comentario