mércores, 27 de outubro de 2021

Recompilación de actividades Día da Biblioteca (en actualización)

Nesta entrada iremos recompilando as achegas que nos vaian chegando das propostas que realizamos desde o equipo de biblioteca para celebrar esta semana polo Día das bibliotecas (24 de outubro). Por que a biblioteca ten a palabra!

 

Proposta 1: Describe, enumera, debuxa… como quererías que fose a túa biblioteca ideal no colexio, que recursos, espazos, como se distribuiría, pensa o que farías nela.


Proposta 2: Cóntanos algo que aprenderas, alguén a quen coñeceras, que descubriras, lugares aos que viaxaras… a través dunha biblioteca.

 


Proposta 3: Abecegrama

 
Moitas grazas pola vosa participación!

Ningún comentario:

Publicar un comentario