xoves, 30 de setembro de 2021

A biblioteca iza as súas velas

A biblioteca volverá abrir para o alumnado o próximo luns 4 de outubro. Neste curso hai algunhas novidades que iremos detallando nos próximos días.
O equipo de biblioteca está a traballar para que todo estea listo, para que poidades gozar coa vosa visita aos distintos espazos. Estivemos realizando as sesións de formación con cada unha das aulas para recordar as normas, organización, protocolo e resolver as dúbidas que poidades ter.
Queremos aproveitar para realizar unha lembranza de José Manuel, o director do noso centro durante moitos anos, e que faleceu o pasado mércores. Adeus a un gran director!


Como puidestes comprobar os Book Clubs xa comenzaron a súa andaina e proximamente o farán as Bolboretas lectoras, tamén puidestes ver expostos diversos libros nos corredores de entrada, estamos preparándonos para este curso.
Deixamos o protoclo de uso da biblioteca en tempos de pandemia actualizado, resaltamos en vermello as partes que mudaron.


Xa tedes os horarios de acceso coa vosa aula e os días nos que podedes ir nos recreos, pero lembrade que, se vós ou as vosas familias queredes reservar un libro antes, podedes facelo desde aquí ou no botón "Reserva de libros", que está na columna da dereita.

Agardámosvos a todos/as!

Ningún comentario:

Publicar un comentario