luns, 21 de decembro de 2020

O mundo nas túas mans

Estas son as recomendacións que realizamos desde o equipo de biblioteca na edición de decembro. Na guía de lectura atoparedes libros e aplicacións para todas as idades, desde os que comezan a ler ata os máis experimentados.

Nesta edición incorporamos as recomendacións das bibliotecarias da B.M. Los Rosales dentro da sección "Na onda dos libros" e tamén o primeiro podcast dunha nova peza do programa "Onda Ti", que vos adiantamos a continuación na guía, e que se chama "Novos do trinque". Libreiras da cidade fannos as súas achegas, nesta primeira edición contamos coas novidades que nos traen desde Moito Conto.

Xa está exposta na entrada do centro a selección e cando voltedes permanecerá a primeira semana para que poidades atopalos con rapidez.

Hai libros de ficción, narrativa, poesía, cómic, libros con música, de carácter informativo e escritos en distintos idiomas. Incluimos algunhas obras de Emilia Pardo Bazán para os maiores da casa. Non deixedes de botarlles un ollo!

 

FELICES FESTAS! COIDÁDEVOS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario