sábado, 25 de abril de 2020

Onda Ti episodio 5

Este domingo ás 12h. volve OndaTi, o programa en directo de Emilia na Onda no que queremos estar cerca de ti, que nos acompañedes coas vosas voces, coas vosas opinións... e máis nestes momentos nos que estamos lonxe de vós. Esta semana seguiremos coas seccións da entrevista, ContamosTodos, a participación dos oíntes e "Temos unha mensaxe de..."
Neste programa haberá espazo para as vosas intervencións, na sección Fala con nós! queremos que nos contedes un desexo, tamén escoitaremos un conto en ContamosTodos, ademais entrevistaremos ao psicólogo José María Freire, remataremos coa sección "Temos unha mensaxe de..."
Nesta entrada publicaremos o directo. No caso de querer participar a través da liña telefonica podedes contactarnos a través do noso canal de skype (bibliotecaepb@gmail.com) ao longo do programa para poder intervir na sección "Fala con nós!", irémosvos agregando ao longo da retransmisión. Tamén podedes intervir a través do chat que se habilitará cando se publique o programa.
Agardámosvos o domingo, non faltedes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario