mércores, 3 de xullo de 2019

Audiolibros na biblioteca

En anteriores entradas xa explicamos o proceso que seguimos para a elaboración de "Los cuentos del cole", que crearon los alumnos/as de 3ºC de E.P. Hoxe vos explicamos o proceso de creación de "Contos para Javi: material adaptado", que se desenvolveu principalmente na BiblioLab.




PASOS QUE SEGUIMOS PARA FACER O LIBRO ADAPTADO 


Os alumnos/as de 6ºB, curso no que está Javier adscrito, viñeron a aula para contarlles se querían axudar a preparar un material adaptado. Propuxémoslles a idea de facer un libro con son e que eles debuxaran as historias. 

Tendo en conta as características de Javier, tentamos poñerlles como centro de interese a súa familia, posto que é algo motivador para el. Deste modo vimos na aula como son os seus avós, os seus pais o seu irmán e a súa cadela, cales son as características máis salientables da súa relación con Javier. 

Explicámoslles que tiñan que facer historias que él recoñecese con eses personaxes aínda que podían achegar algo de fantasía. Deste modo, para que fose máis significativo empregamos as fotografías das caras para facer eses personaxes para aportarlle así algo de realidade e eles debuxaron o corpo. 

O resultado final foron cinco historias moi curtas con temáticas reais e imaxinarias onde aparece a súa familia e onde a voz está gravada pola sua nai, os seus avós, as súas curmáns… para buscar como obxectivo captar a atención de Javier con este material adaptado para a lectura. 

Como proposta para a súa utilización pode ser a de ler este libro en pequenos grupos cos seus compañeiros e intentar que o alumno aprenda a usar este material e fomentar o gusto pola súa lectura.

Sabela Suárez González-Sierra (Mestra de P.T. da aula específica)

Estes son os materiais dixitalizados e que están á vosa disposición na biblioteca.

Los cuentos del cole



Contos para Javi: material adaptado


Grazas ás mestras/es e alumnos/as que participaron na súa elaboración!

Ningún comentario:

Publicar un comentario