martes, 26 de marzo de 2019

Un paseo en barco

O pasado mércores 20 de marzo celebramos unha nova sesión de Diálogos Filosóficos co alumnado de 5º e 6º de E.P. que se inscribiu á actividade. Utilizamos a imaxe dunha obra de arte de Pablo Picasso para falar sobre a importancia do xogo e dos xoguetes, tamén de como cambiaron ao longo da nosa vida.
Para finalizar interpretaron doutro xeito unha das partes da obra de arte a través do debuxo.
Estiveron presentes durante a sesión as habilidades de observar, procurar alternativas, traducir, procurar e dar razóns, así como establecer criterios.
Lembramos que o próximo xoves 4 de abril o alumnado de 5º e 6º de E.P. ten outra cita para dialogar.
Agradámosvos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario