luns, 25 de febreiro de 2019

Día de Rosalía

Onte, 24 de febreiro, celebrouse o aniversario de Rosalía de Castro. No centro quixemos conmemorar esta data con diversas actividades colaborando cos EDLG e co EACE. 

Na entrada da biblioteca realizamos unha exposición cos diversos fondos relacionados coa poeta galega da nosa biblioteca e de fondos emprestados polas Bibliotecas Municipais.
Nas aulas fixeron unha procura de versos de Rosalía de Castro que comezasen ou contivesen as letras do abecedario, aínda que tamén podían elaborar os seus propios versos. Finalmente, elaboramos este vídeo con todas as achegas das aulas.




Hoxe acudiu ao colexio Rosa Cedrón, nai dunha alumna, para compartir con nós a xornada e cantar con todos os nenos/as do CEIP Emilia Pardo Bazán, entre outras "Negra Sombra". O alumnado de 2º e 6º de E.P. recitou en grupo algunha das poesías de Rosalía de Castro.

 


Viva a nosa e única Rosalía!

Ningún comentario:

Publicar un comentario