Chegou o día no que inician o seu vo os clubs de lectura Viaxeiros por papel, no que participan nenas/os de 6º de E.P., e o que comeza este curso con nenas de 5º de E.P.
Onte pola tarde acudiron nenos/as de 5º e 6º de EP para coñecer os libros que van ler durante estas semanas.
No caso do club de 5ºEP comezarán cun libro que ben coñecen os nenos/as de Viaxeiros por papel, trátase de La lección de August, seguro que tiran proveito desta obra de R.J. Palacio.
Pola súa parte, Viaxeiros por papel comeza con Prohibido leer a Lewis Carroll de Diego Arboleda e Raúl Sagospe. Tiñamos previsto iniciar este libro no mes de marzo, pero, debido á pandemia, tivemos que aprazalo ata este momento.
Mirade que regalo tan bonito deixaron as bibliotecarias da B.M. de Los Rosales para presentarnos o recuncho de Viaxeiros por papel na biblioteca do barrio e para introducirnos no mundo de Lewis Carroll.
Non deixedes de visitar a Biblioteca Municipal e ver este espazo adicado ás lecturas dos clubs.
Moitas grazas pola participación do alumnado e polo apoio recibido!
Ningún comentario:
Publicar un comentario