Páxinas

luns, 19 de outubro de 2020

Día das escritoras, comezo do PDI deste curso

Hoxe, 19 de outubro, celébrase o Día das escritoras. Con motivo desta conmemoración queremos iniciar o Proxecto Documental Integrado deste curso, que estará adicado a unha escritora coruñesa.

Esta celebración foi promovida desde 2016 pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, ejecutivas, profesionles y empresarias (FEDEPE) e  a Asociación Clásicas y Modernas co obxectivo de "reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia". 

Nesta ligazón aparecerán as distintas propostas que xurdan das bibliotecas da rede PLAMBE de Galicia.

Se queredes descubrir de quen se trata e o nome que terá este proxecto teredes que resolver o enigma oculto neste xogo que vos propoñemos, investigando e aprendendo sobre ela.

Ao mesmo tempo, queremos unirnos á proposta MicroLeer.es do portal educativo Leer.es. Consiste na creación de microrrelatos coa estensión de dous tuits, un no que se detalle o principio e outro no que se remate. Recolleremos as vosas propostas ata o xoves desta semana. Os microrrelatos máis salientables publicarémolos na canle de twitter da Biblioteca EPB co voso nome e tamén nunha entrada neste blog.

Agardamos que gocedes xogando e investigando para descubrir o proxecto deste curso e tamén que nos enviedes moitas das vosas creacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario