Páxinas

martes, 30 de maio de 2023

Fin de curso

Esta semana, o venres 2 de xuño, os espazos de biblioteca pecharán as súas portas para realizar as tarefas de mantemento habituais para prepararnos xa para o próximo curso. Por este motivo, estarán pechados tanto pola mañá como pola tarde, salvo para actividades puntuais programadas polo centro ou o equipo de biblioteca.

Lembrade que aínda nos quedan algunhas actividades, como despedir ao alumnado colaborador de 6ºEP pola súa implicación durante todo o curso na xestión da biblioteca nos recreos e tamén entregar os premios dos Leóns Dourados deste ano.

Queriamos pedirvos tamén que completedes a  enquisa de valoración aberta tanto para familias, como alumnado e profesorado. Nesta mesma entrada podedes acceder ás de alumnado e familia. Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

 


Grazas!

3 comentarios:

  1. Las 2 bibliotecas son muy buenas, pero no me gusta leer, así que para mí no es efectiva(hablando solo de libros, sin contar juegos u ordenadores) pero para gente a la que le gusta leer está muy bien preparada y con muchos recursos.

    ResponderEliminar
  2. las preguntas son muy repetitivas

    ResponderEliminar
  3. gustame moito a bibloteca e ler esta moi ben

    ResponderEliminar