Páxinas

domingo, 28 de maio de 2023

Final do concurso "As nosas Letras"

A pasada semana foi a última do concurso das Nosas Letras, estas foron as respostas correctas ás preguntas, que estiveron relacionadas coa fraseoloxía, que se propuxeron.


1. Que significa a expresión "Xente nova e leña verde... todo é fume"?

A experiencia é o que nos achega coñecemento das cousas.

2. Que significa a expresión "Quentarlle o lombo a alguén"?

Darlle labazadas a alguén.

3. Que significa a expresión "Mala chispa te coma!"?

É unha expresión de enfado, de contrariedade.

4. Que significa a expresión "Ti, de quen vés sendo"?

É unha pregunta: "De que familia es?"

Ningún comentario:

Publicar un comentario