O próximo 30 de xaneiro celebrarase o Día Escolar da Non violencia e a Paz. Este curso, con motivo de que no noso PDI Mergúllate! estamos a investigar sobre os mares e océanos, queremos recordar que cada ano rexístranse miles de traxedias no mar con persoas que fuxen de conflitos desde os seus países procurando un futuro mellor para si mesmos e para as súas familias. Só nos seis primeros meses de 2021 1.140 persoas morreron no mar Mediterráneo tentando chegar a Europa.
Durante a próxima semana acudirán ao centro persoas que viviron en persoa estas traxedias, en primeira persoa ou como membros de organizacións que tratan de axudar a estas persoas que fuxen dos seus países. A frase de Emilia Pardo Bazán sigue acollendo a todos/as na entrada da biblioteca "Detesto a violencia...", rexeitemos todos a violencia.
O equipo de EACE e EDLG prepararon un mural e un documento con recursos para desenvolver nesta conmemoración.
Recordamos que a Axenda2030 establece que o ODS16 procura a paz, xustiza e institucións sólidas, e ao mesmo tempo o ODS1 procura o fin da pobreza, o ODS2 a fame cero, así como o ODS10 a redución das desigualdade no mundo. Estamos comprometoidos cos ODS.
O luns recibiremos a dous bombeiros galegos que estiveron en campos de refuxiados en Grecia e que tamén colaboraron no rescate de persoas no mar integrados na Fundación AIRE.
O martes acudirá Laura Lizancos á biblioteca para compartir co alumnado asúa experiencia en diversas accións que realizou polo mundo coa ONG Families4peace.
O mércores virá o pai dun alumno do centro, que chegou a Europa desde Siria, facendo parte da súa travesía polo mar e que xuntos trasladarán ao resto do alumnado.
O xoves realizaremos unha conexión a través de videoconferencia cos representantes da ONG Open Arms, nas que nos contarán o labor que desenvolven no mar Mediterráneo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario