Páxinas

luns, 24 de xaneiro de 2022

Coñecemos os ODS no concurso

A semana pasada comezou o concurso de procura de información relativa ao PDI Mergúllate, empezamos investigando sobre o que son os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.

O domingo 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz, por este motivo queremos investigar sobre as consecuencias dos conflitos bélicos na migración de persoas e as situacións tráxicas que viven ao tratar de cruzar mares para acadar un futuro mellor. Podemos relacionar o tema desta semana co ODS16 que procura a Paz, xustiza e institucións sólidas, ao que tamén están asociados o ODS1 - Fin da pobreza, ODS - Fame cero e ODS10 - Redución das desigualdades.

As preguntas e respostas da semana pasada eran as seguintes:

1. Que son os ODS2030?

Estes obxectivos foron adoptados polas Nacións Unidas en 2015 como unha chamada de atención universal para poñer fin á pobreza, protexer o planeta e garantir que para 2030 todas as persoas disfruten de paz e prosperidade, por esto os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable existen para poñer fin á pobreza, protexer ao planeta e garantir que todas as persoas gocen de paz e prosperidade para 2030.

2. Cal destes non é un ODS?

Das opcións que se ofreceron a correcta era Promoción dos combustibles fósiles.

3. Cal é o obxectivo que se refire específicamente aos mares e océanos?

O obxectivo 14 ten como centro de interese A vida submarina, no que se trata de previr e reducir a contaminación mariña, xestionar os ecosistemas mariños, minimización da acidificación dos océanos, regular a explotación pesqueria sostible, conservar zonas costeiras e mariñas, combater a pesca ilegal e excesiva, beneficios económicos para a pesca sustentable, investigación e tecnoloxía mariña, fomentar a pesca a pequena escala e artesanal.

4. Que porcentaxe do océano vese afectado pola contaminación, segundo o Programa das Nacións Unidas para o desenvolvemento?

Ata un 40% do océano vese afectado pola contaminación, as pesqueiras esgotadas, a perda de hábitats costeiros e outras actividades humanas.

5. Algunhas das propostas que fixestes para conservar os océanos son:

Limitar o emprego de plásticos nos produtos de consumo cotiá, facer limpeza das praias, non lanzar lixo e plásticos ao mar, usar menos produtos de plástico...

A información recollida nestas preguntas obtívose da páxina do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento: https://www.undp.org/es/sustainable-development-goals

Estas son as preguntas desta semana:

Ningún comentario:

Publicar un comentario