Páxinas

mércores, 21 de outubro de 2020

Bibliotecas, sempre ao teu carón

A Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil promove a celebración do Día das Bibliotecas, que se celebra cada 24 de outubro, como vén sendo habitual desde 1997. A esta conmemoración únense todas as bibliotecas do estado, impulsadas tamén desde o Ministerio de Cultura e Deporte.

O lema da edición de 2020, que vén marcado pola pandemia da Covid-19, é "Bibliotecas, sempre ao teu carón" incide na importancia do papel desenvolvido por cada unha das bibliotecas "ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia".


© Alumnado de @o_fragha Vía @o_fragha


Desde a Biblioteca EPB queremos adherirnos a esta celebración coa actividade "Erasure Poetry", cunha proposta ampliada tamén ao microrrelato. Por este motivo, durante a semana próxima utilizaremos aqueles libros expurgados para darlles unha nova vida e que outros textos, froito da creatividade do alumnado, nazan dos previamente escritos.

Distribuiremos as follas entre os nenos/as agardando que sexan o marco da súa creatividade.

Estas son as instrucións que facilitamos aos mestres/as para realizar a actividade, acompañadas con imaxes de exemplos realizadas polo alumnado de @o_fragha. A nosa gratitude para eles/as polas achegas.

 

Estamos desexando acoller as vosas creacións, animádevos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario