Páxinas

xoves, 13 de febreiro de 2020

Día da radio

Hoxe celébrase o Día Mundial da Radio promovido pola ONU. No noso centro vimos de por en marcha a nosa emisora Emilia na onda, na que xa podedes escoltar algún dos podcast publicados.

Nesta xornada, os nenos/as de 3º, 5º e 6º de E.P. acudiron á biblioteca para comezar a aprendizaxe xunto con Sergio e Lucía, integrantes de Laboratorio de radio, de diferentes técnicas para falar na radio e controlar a sua voz. A través dos xogos comprenderon como comportarse e o que significa a radio. En próximos días volverán e seguiremos aprendendo con eles, despois da xornada de hoxe quedamos ansiosos de repetir e comenzar a desenvolver os proxectos.
Agradecemos a Axuda en Acción o apoio aos nosos proxectos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario