Páxinas

xoves, 13 de febreiro de 2020

Escornabots para todos/as

A pasada semana Ángel Villanueva veu de publicar una actualización de  EscornaVoz, que se trata dunha aplicación para controlar o escornabot a través da voz. Este é un de varios proxectos que promoven a inclusión e a accesibilidade a distintos dispositivos, que podedes consultar na súa web Mecatrónica Lab.
No noso centro temos alumnos/as que ata agora tiñan dificultades para o uso dos escornabots e este proxecto vainos permitir achegalos a todo o alumnado e desenvolver actividades que ata agora non podiamos.


Jessica, a mestra de Pedagoxía Terapéutica, adaptou o programa do ordenador de Mario para que o escornabot vaia na mochila viaxeira e poida usalo tanto na súa casa como no centro. Seguro que outros alumnos/os poderán beneficiarse desta nova función dos escornabots.

Queremos agradecer o compromiso e xenerosidade da comunidade escornabot no desenvolvemento do proxecto. Moitas grazas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario